Friday 17 de May de 2024

A Romaría de San Lourenzo en Lousame estrea mercado artesanal


A Capela de San Lourenzo e o Parque de San Mamede de Lousame acolleron a Romaría de San Lourenzo. Ademais dos actos litúrxicos na Capela de San Lourenzo, como novidade do festexo estreouse un mercado artesán e de produtos de proximidade.

Ata oito asociacións, comercios e profesionais da artesanía encheron por primeira vez de produtos locais o mercado artesán deste festexo no que non faltou alimentación de proximidade, produtos de lá ou incluso cadernos feitos de madeira.

A estes eventos, súmanse os xa tradicionais xogos populares para os máis cativos e a polbeira para todas aquelas persoas que queiran gozar destas xornadas de romaría. A velada estivo amenizada os dous días polo Son do Pote.